xoves, 3 de decembro de 2015

ACTIVIDADE7.

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro.
Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Compóñense de varios pratos, apelados nun mesmo eixe que xira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica sellada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura- escritura que leen e escriben nas dos caras de cada disco. Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primeiro disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada, a os discos actuais de varios TB cun tamaño algo maior ca un teléfono móbil.
Nun disco magnético diferéncianse:
- Caras: superficies superior e inferior de cada disco.
-Pistas: círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
-Sectores: divisións que fanse en cada pista.
-Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras. Este concepto utilizase nos discos duros, posto que en eles hai varios pratos con pistas en ambas caras.

  • Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria). 
A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que,entre as súas características destacan a súa capacidade, as súas pequenas dimensións, seu prezo adquirible, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e súa facilidade de empleo. Iso si, a vida de unha memoria flash nin e indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que pódense gravar información nela.
Os tipos de memoria flash máis empregadas son:
-Memoria USB. Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao ordenador a través do porto USB en quente, e dicir, aínda que este encendido. Xeralmente, non hai que instalar ningún software ni driver para utilizalas. xa que o sistema operativo as recoñece automaticamente.
-Tarxetas de memoria. Son soportes de almacenamento empregados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que sólense conectar ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos de formatos, en función do fabricante: algúns dos máis comúns son SD, MiniSD, MicroSD, NanoSD, Compact Flash, Memori stick, xD, MMC, etc.






  • Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.
Unha unidade de estado sólido o SSD (Solid State Drive) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero non esta formado por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información, empregando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc.
Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de búsqueda e latencia, por o que converteuse nunha alternativa moito máis rápida que os dos discos duros.
As SSD fan uso da mesma interface que os discos duros e, polo tanto, son facilmente intercambiables sen ter que recurrir a adaptadores o tarxetas de expansión para compatibilizalas con o equipo. Ao ser inmunes as vibracións externas, son especial,mente aptas para vehículos, ordenadores portátiles e outro dispositivos móbiles. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario